Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía

Main Article Content

Montserrat Pena Presas
Habitualmente non se refire a literatura infantil e xuvenil como unha das áreas de incidencia do movemento feminista. Porén, dende os seus comezos, á literatura dirixida a infancia e a mocidade apúxoselle un condicionamento instrutor que a situou, en moitas ocasións, no ámbito educativo. Así, o movemento feminista ocupouse, no marco das prácticas a prol da coeducación, de revisar moitos dos textos que a compoñen. O ámbito galego non foi unha excepción a isto, polo que este traballo pretende revisar cales foron as angueiras levadas a cabo polas feministas para analizar as obras existentes e pular por unha nova literatura infantil e xuvenil.
Paraules clau
movemento feminista, literatura infantil, contexto galego

Article Details

Com citar
Pena Presas, Montserrat. “Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía”. Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, no. 5, pp. 97-109, https://raco.cat/index.php/Abriu/article/view/316864.