Unha ferramenta informática para a análise dialectométrica da prosodia
Article Sidebar
Citacions a Google Acadèmic
Main Article Content
Adela Martínez Calvo
Elisa Fernández Rei
Neste traballo preséntase unha ferramenta informática, desenvolvida co software estatístico R, que lle permite ao usuario realizar unha análise dialectométrica dos datos prosódicos do corpus fixo recollido no proxecto AMPER. Non se precisa coñecementos previos no uso do software R, polo que a ferramenta pode ser empregada por calquera usuario interesado neste tipo estudos. A análise dialectométrica realizada pola ferramenta inclúe o cálculo de correlacións entre curvas de F0 e a obtención das distancias prosódicas entre as distintas localizacións (falantes ou outra variable de interese) existentes no corpus. Unha vez construída a táboa de distancias prosódicas, o usuario pode aplicar mediante a ferramenta técnicas da estatística multivariante, como o escalado multidimensional (MDS) e a análise de conglomerados. Con esta última metodoloxía, o usuario pode detectar agrupamentos nas localizacións (falantes ou outra variable de interese) segundo a súa proximidade en termos de distancia prosódica.
Paraules clau
análise de conglomerados, correlación, dialectometría, distancia prosódica, MDS, proxecto AMPER
Article Details
Com citar
Martínez Calvo, Adela; and Fernández Rei, Elisa. “Unha ferramenta informática para a análise dialectométrica da prosodia”. Estudios de fonética experimental, vol.VOL 24, pp. 289-03, https://raco.cat/index.php/EFE/article/view/304796.
Drets
Drets d'autor
Estudios de fonética experimental està subjecta a una llicència Creative Commons 3.0 de Reconeixement - No Comercial - Sense Obres Derivades.Articles més llegits del mateix autor/a
- Michel , 1937- Contini, Antonio Romano, Lurdes de Castro Moutinho, Elisa Fernández Rei, L'avancement des recherches en géoprosodie et le Project AMPER , Estudios de fonética experimental: 2009: Vol.: 18
- Elisa Fernández Rei, Ana Escourido Pernas, Maruxa Caamaño Varela, Luís Xuncal Pereira, A entoación dunha fala de Santiago: fronteira prosódica entre suxeito e predicado , Estudios de fonética experimental: 2005: Vol.: 14