Cambio e variación dialectal: o atlas lingüístico de la península ibérica

Main Article Content

Xulio Sousa
A xeolingüística naceu como método auxiliar da lingüística histórica e segundo se foi afianzando como disciplina autónoma foi perdendo a vinculación cos estudos diacrónicos. Co desenvolvemento da sociolingüística a partir dos anos sesenta do século pasado, os materiais ofrecidos polos proxectos de xeografía lingüística volveron tomarse como referencia para estudos sobre o cambio lingüístico. Esta
contribución reflexiona sobre a utilidade dos atlas lingüísticos para realizar análises sobre o cambio lingüístico en tempo real e toma como ilustración o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI). A comparación dalgúns materiais do ALPI cos doutros atlas de menos alcance realizados a partir dos anos
cincuenta do século pasado serve para ilustrar o rendemento destas análises. A información extraída das obras xeolingüísticas permite comprobar a evolución temporal dos cambios e tamén o sentido da súa difusión no espazo. Os exemplos utilizados deixan ver como os atlas lingüísticos poden ser unha fonte de información insubstituíble para a análise do cambio lingüístico e da historia das variedades lingüísticas.
Palabras clave
Xeolingüística, variación dialectal, cambio lingüístico, linguas iberorromances, difusión xeográfica, lingüística histórica, lingua galega

Article Details

Cómo citar
Sousa, Xulio. «Cambio e variación dialectal: o atlas lingüístico de la península ibérica». Dialectologia: revista electrònica, pp. 189-07, https://raco.cat/index.php/Dialectologia/article/view/263415.