Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario

Main Article Content

María Fernández Villamarín

Mediante a análise das cancións do grupo Ataque Escampe este artigo pretende pescudar se o seu discurso musical alberga unha actitude política. No caso de ser así, tratará de responder por que o grupo mantén este carácter crítico e resistente con respecto a certos con fiitos sociopolíticos no contexto galego, onde conviven dúas culturas en desigualdade. Tamén busca entender se dentro deste contexto as identidades se atopan fragmentadas ou en vías de formación, e que función social exercen as cancións do grupo nese hipotético caso.

Palabras clave
Música popular, Ataque Escampe, intertextualidade, resistencia, subversión

Article Details

Cómo citar
Fernández Villamarín, María. «Ataque Escampe: pensar a resistencia dende o musical e o literario». Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, n.º 5, pp. 111-25, https://raco.cat/index.php/Abriu/article/view/316865.